Reconnect

  • Versión orixinal en inglés
  • Con subtítulos en español (activar no reprodutor)

Atrapado entre os extremos da expansión global do seu negocio e a conexión personal, Brian Rose decide viaxar a Costa Rica para participar en múltiples cerimonias coa pranta psicodélica Ayahuasca.

Alí recupera a súa misión pero tamén acha traumas infantís que seguen controlando a súa vida. Cando volve a Londres descubrirá que todo cambio  require esforzo, dor e conflictos antes de transformarte nalgo novo.

TRAILER

FICHA TÉCNICA

  • Título: Reconnect
  • Ano: 2019
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma: Inglés. (Subtítulos en español)
  • Dirección: Luis Solarat
  • Guión: Luis Solarat, Brian Rose
  • Dirección de Fotografía: Bani Mendi
  • Edición: Johan Flyrbing
  • Música: Carbopn Based Lileforms
  • Productora: London Real
  • Interveñen: Brian Rose, Grahan Hancock, Jordan Peterson, Dennis McKenna, Sadguru, Dorian Yates, Dr Gabor Mate, Dr. Joe Dispenza, Michael Pollan e Dan Pena.

COMENTARIO DO DIRECTOR

«Reconnect é a miña última película na plataforma London Real. Un canal de media onde entrevistamos a algunhas das mentes máis interesantes do planeta. A historia narra o esforzo do fundador da productora, atrapado no exceso de traballo e desconexión co resto do planeta. Buscando solucións na medicina tradicional da outra parte do charco, viaxa a Sudamérica a probar a misteriosa planta ayahuasca.

Nun mundo no que cada vez estamos máis separados de nós mesmos, dos demais e do resto de especies no planeta está película trata de explorar o posible cambio dende o interior de cada un e deixar de sinalar ós demais ou a factores externos polos nosos problemas. 

As ferramentas da nosa cultura non están funcionando e ó mellor as respostas están nas prácticas tradicionais que nos conectan co lado espiritual da experiencia humana.

COLOQUIO