Sempre Xonxa

Historia dunha muller, Xonxa, e dous homes, Pancho e Birutas, dende a súa infancia no ano 1947 ata a súa madurez no ano 1986. A emigración nas súas dúas vertentes de éxito e miseria, a complexidade das relacións humanas, a lenda que se confunde coa realidade nunha aldea que vai morrendo nos montes de Galicia. 

Sempre Xonxa considérase a película fundacional do cinema galego, por ser a primeira longametraxe concebida para o cinema feita en galego. Foi rodada na aldea de Santoalla, en Petín, identificada para sempre por un filme que marcou a toda unha xeración de valdeorreses. Do seu director, falecido en 1995, recórdase unha frase que segue tan vixente como hai trinta anos: «Facer cine en Galicia é posible; facer cine en galego é necesario».

FICHA TÉCNICA

  • Título: Sempre Xonxa
  • Ano: 1989
  • Duración: 114 minutos
  • Idioma: Galego
  • Dirección: Chano Piñeiro
  • Guión: Chano Piñeiro
  • Dirección de fotografía: Miguel Ángel Trujillo
  • Montaxe: Cristina Otero
  • Produción: M. Martínez Mallo
  • Música: Pablo Barreiro, Carlos Ferrant, Marcial Prado
  • Productora: Piñeiro Producciones
  • Intérpretes: Uxía Blanco, Miguel Ínsua, Loles León, Xavier R. Lourido, Aurora Redondo, Javier Rocha, Rodrigo Roel, Roberto Vidal Bolaño, María Viñas, Roberto Txaka Escudero

COLOQUIO [ABRIL 2020]