A aldea en Galicia, pola súa configuración social e xeográfica, logrou manterse viva máis tempo ca noutros territorios. Porén, moitas están condenadas ao abandono unha vez que desaparezan os seus derradeiros e heroicos habitantes. Paralelamente, persoas novas, desencantadas coa masificación das cidades, a contaminación, etc., están dispostas a comezar unha nova vida no rural. Serán quen de superar os desafíos para ofrecer un futuro á aldea galega?
FICHA TÉCNICA
- Título: A aldea, o vello e o novo
- Ano: 2000
- Idioma: Galego
- Duración: 60 minutos
- Dirección: Ignacio Vilar
- Productora: Via Láctea Filmes, Produtora Faro, TVG