En 1989 Manuel Durán forma, con nove rapaces, o primeiro grupo de gaitas da Rúa de Valdeorras. Vinte anos máis tarde ese grupo é un proxecto consolidado chamado Abertal, con dous discos gravados, concertos por toda Galicia, Esapañ e Europa e o recoñecemento do circuito musical galego a unha traxectoria que moitso califican de resistencia ante a tendencia marcial doutras bandas de gaitas.
As notas galegas de Abertal resistiron no oriente ourensán e a súa historia é o que significou para as máis de trescentas persoas que pasaron pola agrupación: unha experiencia, unha ilusión compartida… un espírito.
FICHA TÉCNICA
- Título: Espírito Abertal
- Ano: 2009
- Duración: 30 minutos
- Idioma: Galego
- Dirección: Cristina de la Torre e Xose González
- Guión: Cristina de la Torre e Xose González
- Realización e fotografía: Xose González
- Producción executiva: Domingo Díaz
- Montaxe: Xose González
- Música: Abertal
- Productora: Domingo Díaz PC, Concello da Rúa
- Interveñen: Manuel Durán, Xosé Manuel Seivane, Xaquín Xesteira, Monstserrat Rivero e Emilio Espadañero, entre outros.
COMENTARIO DA DIRECTORA
«Pouca xente ten feito tanto pola cultura tradicional en Galicia como Manuel Durán. Xa hai máis de dez anos que gravamos este documental pero a esencia segue intacta, multiplícase e toma novos matices nas vidas dos valdeorreses, que seguen tendo en Abertal un referente.
O pasado verán a Asociación Sociocultural San Cristóbal da Rúa homenaxeou a Durán cando se cumprían 30 anos da creación da banda. Foi nun evento no Cine Avenida, onde tantos concertos teñen dado. Sobre o escenario sorprenderon a Durán con música interpretada por antigos alumnos e un vídeo que podedes ver na súa páxina de facebook.
Tanto para Xose González como para mín, facer ese documental foi un pracer, porque todo o que rodea a Abertal é entusiasmo, respecto polo mestre e gañas de compartir. Así que, longa vida a Abertal.»
Cristina de la Torre.