Sempre Xonxa en Petín

Dez anos despois do pasamento de Chano Piñeiro, este documental pretende homenaxear ao cineasta a través de fragmentos dos seus filmes e de entrevistas con actores e veciños de Petín que participaron na rodaxe de Sempre Xonxa.

Para presentar a figura de Chano Piñeiro a quen no a coñeza, abonda con recorrer a unha das súas frases máis coñecida: “Facer cine en Galicia é posible, facer cine en galego é necesario”. O documental conta a experiencia vivida polos veciños de Petín que participaron na rodaxe de Sempre Xonxa, combinada con imaxes da película. Aparecen tamén Mari Luz Montes, Uxía Blanco e Manolo González.

FICHA TÉCNICA

  • Título: Sempre Xonxa en Petín
  • Ano: 2005
  • Duración: 36 minutos
  • Idioma: Galego
  • Dirección: Ignacio Vilar
  • Guión: Ignacio Vilar
  • Productora: Piñeiro Producciones
  • Interveñen: Mariluz Montes, Manolo González, Susana de la Cruz, Antonio Isla, Sandra Isla, entre outros.