Apartado 12

A principios da década do 2000, o anuncio da instalación dunha fábrica de compoñentes para o automóbil na A Rúa de Valdeorras puxo á vila nunha situación de tensión social inédita. Un conflicto político, administrativo, social e finalmente, xudicial, poría a proba os equilibrios de poder cando o que está en xogo son centos de postos de traballo.

Dirixido por Cristina de la Torre e producido por Domingo Díaz, este documental foi gravado no verán do 2006. Contou coa colaboración de moitos dos protagonistas directos do conflicto. Foi estreado no Cine Avenida da Rúa en decembro de 2006 e emitiuse ó ano seguinte na TVG.

FICHA TÉCNICA

  • Título: Apartado 12
  • Ano: 2006
  • Duración: 50 minutos
  • Dirección: Cristina de la Torre
  • Guión: Xose González
  • Realización e fotografía: Victorino Lourido
  • Producción executiva: Domingo Díaz
  • Montaxe: Fernando Alfonsín
  • Música: Chencho Campos
  • Productora: Domingo Díaz PC
  • Interveñen: Héctor Fernández, Avelino G. Ferradal, José Rodríguez, José Vicente Solarat, Julián Villamarín.

COMENTARIO DA DIRECTORA

«Pasa moitas veces, tes preto unha historia e entendes que se colles distancia para mirala representa algo máis que un conflicto veciñal, conta cousas de quen somos e leccións que poden servir para outros. No 2006 eu era unha recén chegada ó xornalismo e había apenas uns meses que collera por vez primeira unha cámara de vídeo cando decidín facer este documental. Ou máis ben decidíronno por mín todos os que me axudaron a facelo realidade.

Así o describía neste texto de decembro do 2006:

Esta é a historia da instalación dunha fábrica, pero sobre todo dun pobo que remata enfrentado pola política, as denuncias e os medios de comunicación. Rieter Saifa fabrica compoñentes para automóbiles e desembarcou na Rúa a finais do 2003. No nadal do 2004 confirma oficialmente que construirá aquí unha fábrica con 160 postos de traballo. No 2005 chegan as irregularidades, as detencións, as protestas e a polémica interminable.

No 2006 Rieter comeza a funcionar en probas. Alí xa traballa Héctor como vixiante de seguridade. El será o noso narrador. Non ten inquedanzas políticas, non ten traballo fixo e non parece moi interesado en opinar. Así que nesta historia na que todo o mundo se posiciona -e a maioría teñen que pasar polos xulgados- el será o noso contrapunto de serenidade.

O resto, os testimonios directos dos principais protagonistas:políticos, medios de comunicación, responsables de Rieter e veciños que participaron no debate público. Sen dúbida hai unha Rúa antes e despois da chegada de Rieter. Esta é a historia do durante.»

Cristina de la Torre

COLOQUIO