Familia Ruada, 25 anos na escea

A Asociación Cultural e teatral A Ruada cumpriu 25 anos e neste documental percórrese a súa traxectoria a traveso das súas obras, integrantes, lembranzas e vivencias.

FICHA TÉCNICA

  • Título: Familia Ruada, 25 anos na escea
  • Ano: 2016
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma: Galego
  • Dirección e montaxe: Cristian L. Vázquez
  • Guión: Cristian L. Vázquez, Asoc. A Ruada
  • Produción: Asoc. A Ruada, Producións Ao Pé dA Rúa

COMENTARIO DO DIRECTOR

«Cando me propuxeron facer un documental sobre o grupo de Teatro A Ruada, o primeiro que sentín foi ledicia e orgullo. Ledicia por ser a miña primeira experiencia coma director dun documental e orgullo por que confiasen en min para este traballo.

Co paso do tempo embargoume unha sensación de responsabilidade porque recoller 25 anos de experiencia non semellaba unha tarea nada sinxela, mais atopi un grupo disposto a axudar e converteuse nunha experiencia marabillosa e irrepetible. Poder coñecer e recoñecer todos estes anos de traballo e dedicación de balde foi un auténtico privilexio que non serei quen de agradecerlles nunca.»

COLOQUIO