O desafío do Sil

Podes velo na TVG neste ENLACE

En 1959, Alejandro del Campo, o novo enxeñeiro responsable dos proxectos de Saltos del Sil, durmía pouco. En xaneiro, a rotura dunha presa de Eléctricas  Moncabril tiña arrasando o pobo de  Ribadelago na provincia de Zamora. 

Meses despois, o Sil baixaba cun caudal maior do previsto, e as presas de Sato Estevo e San Pedro aínda estaban en construción. O enxeñeiro era consciente do perigo que chegaba en forma de riada. A posibilidade doutra traxedia, agora en Ourense, era real. 

Mentres Diotino, empregado de Saltos del Sil, traballaba día e noite para mitigar os efectos da riada, os seus veciños agricultores, seguían as súas rutinas con normalidade. Non eran conscientes da catástrofe que axexaba. Tampouco da transformación que ían soportar as súas vidas e as comarcas nas que se asentaban as obras.

TRÁILER

FICHA TÉCNICA

  • Título: O desafío do Sil
  • Ano: 2019
  • Duración: 67 minutos
  • Idioma: Galego, castelán
  • Dirección: Domingo D. Docampo
  • Guión: Domingo D. Docampo
  • Productor: Domingo D. Docampo
  • Fotografía: Miguel Ares
  • Montaxe: Xosé González, Simón Vázquez
  • Posprodución: Simón Vázquez
  • Música: Arturo Kress
  • Xefa de produción: Maruxa Barreiro
  • Produción executiva: Domingo D. Docampo, Manolo Gómez
  • Produtora: SocialDocs
  • Interveñen: Juan García Benítez, Francisco Bñanco, Susana Chávarri, Rogelio Díaz, Francisco Delgado, Abilio Mojón, Xoán carlos Nóvoa, Diotino Pombar, Ricardo Yagüe

COLOQUIO [Abril 2020]