Chano Piñeiro
(1954, Forcarei – 1995, Vigo). Figura clave do cine galego moderno, a súa breve filmografía ten un fondo compromiso co mundo rural. Director autodidacta, comezou rodando en formato Super 8 a finais dos 70. A súa primeira curta en 35 mm, «Mamasunción» é xa unha pequena obra mestra. Dirixiu «Sempre Xonxa», a primeira longametraxe galega de ficción en formato 35 mm. Estreouse simultaneamente en varias cidades galegas en xaneiro de 1990, un fito na época. Del sóese citar a frase «facer cine en Galicia é posible; facer cine en galego é necesario».
Ignacio Vilar
(1951, Petín, Ourense). Ignacio Vilar creceu na aldea de Castrofolla, onde a relación coa natureza e as historias de lareira espertaron nel unhha gran paixón polo cinema. Ós dezaoito anos trasládase a Barcelona onde colabora na creación dunha escola de cine. En 1989, recibe o Premio Carlos Velo polo guión Ollo Birollo, o que lle alenta a regresar a Galicia e fundar a súa propia produtora. Vía Láctea Filmes.
En 1989, recibe el Premio Carlos Velo por el guion Ollo Birollo. Regresa a Galicia e funda a su propia produtora, Vía Láctea Filmes. Na súa filmografía destaca a longametraxe A esmorga (2014), baseado na novela de E. Blanco Amor, a cal bateu récords de espectadorese foi nominado ós Goya. Tamén dirixiu as longametraxes Pradolongo (2008), e Vilamor (2012), e a longa documental Un bosque de música (2003).
Cristina de la Torre
(1977 A Rúa). Cristina de la Torre é licenciada en Historia, con Máster en Medios de Comunicación. Ten traballado en prensa escrita, radio e televisión como xornalista. Dende hai uns anos adícase á consultoría de comunicación e a produción audiovisual. No 2007 dirixiu o seu primeiro documental, Apartado 12, e no 2016 estreou Santoalla, no que é produtora.
Realiza contidos corporativos e proxectos audiovisuais con centros educativos como A lus do Mundo (2013). Ten comisariado exposicións como Unha ínsua para Díaz Castro, na Deputación de Lugo, e realiza proxectos de dinamización cultural como Pantasmas de Oza e Vidas Mariñeiras.
Xose González
(1983, Lugo). Técnico Superior en Realización audiovisual e Deseño de Arquitectura efémera. Especializado no campo da montaxe, traballa nos eidos da televisión, a publicidade e o documental desde o 2005. De xeito amateur e experimental, entre 2005 e 2010 fai varias curtas e gaña un primeiro premio no Festival Internacional de Cine de Potenza (Italia).
Os seus últimos traballos son como cámara e guionista do documental Elexía de Atacama (Chile, 2019) e como produtor e guionista do documental Cova Eirós (Galiza, en fase de montaxe). O seu seguinte proxecto é unha longametraxe documental sobre a súa propia familia e a casa que habitan partindo de grabacións efectuadas ó longo de quince anos.
Domingo D. Docampo
(1967, Petín) Técnico publicitario e Máster en produción audiovisual. Deixou o seu traballo de executivo publicitario para adicarse á produción audiovisual. Nun primeiro momento compatibiliza o traballo para outras produtoras coa produción de documentais que realiza no seu tempo libre.
Na actualidade colabora con empresas e institucións na realización de proxectos educativos, e dirixe os seus propios documentais. O desafío do Sil, é a súa primeira longametraxe. En 2020 estrearase a segunda: Tomás Fábregas. No borders.
Ana Domínguez
(1966, A Rúa) Formada en artes plásticas na escola Mestre Mateo de Santiago, La Massana de Barcelona e a Universidade de Göttingen, en Alemania. Desenvolve a súa traxectoria artística entre Galicia, Cataluña e Alemaña, onde realiza exposicións de pintura, deseño de decorados para teatro e performances xunto ó colectivo multicultural Ball-cans. Participa como directora artística e rexidora de attrezzo en proxectos de cine e televisión. Denomínase a sí mesma como unha creadora visual.
O seu salto ó cine considérao un proceso natural no que a cámara é unha extensión máis da expresión artística. Realiza pezas curtas e vídeo instalacións como Autorretrato ou Brío (2015) e participa do laboratorio de creación fílmica AA++, adicado á film performance. Actualmente co-dirixe na Coruña, o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, adicado ó cine de vangarda e ás súas expresións contemporáneas. Os Fillos da Vide é a súa primeira longametraxe.
Felipe Rodríguez
(1978, A Rúa) Tras cursar dous Másters Universitarios en Produción e Creación de Cine e Medios Audiovisuais en Madrid, no ano 2004 viaxa aos Estados Unidos para formarse na produción de series de ficción e documentais en Warner Bros Ent. (Los Angeles) da man de Roger Christiansen, director da mítica serie FRIENDS.
No 2006 dirixe o seu primeiro documental, Lobos Sucios, gañador do premio RETINA DOC no Festival de Cine de Ponferrada, e que en 2008 sería proxectado no Tribeca Film Festival de Robert de Niro en Nova York. En 2015 co-escribe o guion da longametraxe de ficción homónima (co-produción España-Bélxica con TVE, TVG e TV3), sendo o autor da idea orixinal. A película tivo a súa premiere mundial na sección oficial do Mill Valley Int. Film Festival de San Francisco, continuando o seu percorrido por máis de 20 festivais internacionais.
En Televisión leva catorce anos alternando o seu labor como realizador e guionista en programas de investigación, divulgación e entretemento. Actualmente traballa en CROP TV, para a canle estadounidense DMAX (Discovery Communications).
Daniel Merher e Andrew Becker
Daniel Merher (1978, Brooklyn) e Andrew Becker (1979, Delaware) son guionistas e realizadores que traballan en televisión e producións independentes nos EEUU. «Santoalla» (2016) foi a súa primeira longa documental, un proxecto persoal que autoproduciron e polo que recibiron premios e mencións en máis de cincuenta festivais de todo o mundo.
Pedro Prada
(1962, A Rúa) Logo de 30 anos de traballo no sector audiovisual Pedro Prada ten tocado tódolos paos do oficio: programas de TV, publicidade, informativos, corporativos, curtos de animación 3D, documental…
Tocoulle vivir o nacemento das televisións autonómicas, as privadas e as locais. Viviu experiencias profesionais en Canal Sur, Tele 5, Localia, TVE-Galicia e na actualidade traballa na TVG. Agora, que se vive o despregue de canles temáticas e plataformas de streaming, defende que a mensaxe é a mesma: contar historias. No 2007 estreou «Xares, o río que nos leva».
Luis Solarat
(1986, A Rúa de Valdeorras) Realizador valdeorrés adicado á publicidade e a produción audiovisual que traballou en Vigo ata que decidiu buscar outros horizontes profesionales en Londres. Alí traballa na actualidade para a canle London Real, que publica os seus vídeo como partner de Youtube. No 2019 estreou «Reconnect», un documental sobre as oportunidades de transformación da sociedade.
Rodrigo Marini e David Santamaría
Rodrigo Marini (1979, Buenos Aires), arxentino de nacemento, e valdeorrés de adopción. Nostálxico dos videoclubes e apaixoado do cine negro. Estudou en Madrid realización de TV, dirección de cine e comunicación audiovisual. Tras máis de 15 anos de experiencia nas principais cadeas de televisión de España, viaxou a Manchester. Posteriormente foi becado pola New York Film Academy onde se especializou en dirección e produción cinematográfica. «Un mundo Salvaje» é a primeira curtametraxe que dirixe en tándem con David Santamaría.
A David Santamaría (1979, Madrid), a paixón polo cine venlle de pequeno, cando cada día, ó sair da gardería, entraba no videoclube que tiña de camiño a casa. Non sabía leer pero recoñecía o título de cada carátula. Cos anos decidiu estudar audiovisuais e dende hai máis de 17 anos traballa como editor e realizador en proxectos de televisión, publicidade, documentais e videoclips. Agora fai o que máis lle gusta… contar historias.
Cristian L. Vázquez
(1983, A Rúa) Profesional titulado coma productor audiovisual, xa na súa adolescencia participa activamente na creación e na elaboración de programas en Onda 6 Radio, emisora por aquel tempo do Colexio Pablo VI. Os seus primeiros traballos son coma productor de curtametraxes. Seguidamente desempeña labores de producción en Localia TV Vigo e en Radio Vigo Cadena SER. Creador e director de Mendello TV, colabora tamén con Somos Comarca e con Onda Cero Radio Valdeorras. Esta é a súa primeira incursión coma director de unha longametraxe documental.