Sobre esta iniciativa

Versión Valdeorras é unha iniciativa de cineastas da comarca para poñer a disposición da veciñanza películas documentais e de ficción realizadas na zona. Filmes como Santoalla, Pradolongo, Desafío do Sil ou Os Fillos da Vide poderán verse online durante uns días nas tres semanas que (en principio) restan de confinamento pola pandemia da COVID-19.

Como moitos de vós, os creadores e creadoras culturais queremos aportar algo a estes tempos que, son difíciles si, pero que podemos aproveitar para poñer en valor o que nos une, inspira e emociona. E o noso cine forma parte diso. Por iso bastaron dez minutos de mensaxes cruzadas para liar a todo o mundo para que cedera as pelis, a colegas e empresas para que axudaran coa web e a comunicación (que fariamos sen amigas!), e a un montón de colaboradores que sabemos axudarán a difundilo.

Como moitos sectores, os que nos adicamos á cultura vemos o horizonte con vértixe pero ofrecemos na distancia o que temos, historias que no seu momento foron estreadas nun cine. Verémonos alí, pronto, con máis pelis que nos acheguen e nos fagan mellores. Mentras tanto, volas levamos a casa. Que as gocedes!

Cristina de la Torre [Abril 2020]

Actualización, abril 2021

Pois voltaron os cines, pero a medias. E voltou facerse cultura, tamén a medias. Xa pasou un ano dende aquel confinamento que nos pillou a todas por sorpresa e seguimos en modo pandemia. En todo caso, Versión Valdeorras deixou un poso que aínda está a agromar proxectos de futuro. De momento, aquí tedes moitas pelis que podedes seguir vendo online. Seguimos!