Podes ver este documental na TVG neste ENLACE
Este documental recupera a historia dun pobo, Albergueria, que fora asolagado baixo das augas do encoro hidroeléctrico do río Xares no ano 1958 en plena ditadura franquista.
FICHA TÉCNICA
- Título: Xares, o río que nos leva
- Ano: 2007
- Idioma: Galego
- Duración: 60 minutos
- Dirección: Pedro Prada
- Productora: Pedro Prada, TVG
COMENTARIO DO DIRECTOR
Logo de 30 anos de traballo no sector audiovisual podo dicir que teño tocado case tódolos paos do oficio e na actualidade traballo na TVG. Agora vivimos o despregue dos canais temáticos e das plataformas por streaming, mudan os canais pero a mensaxe e a mesma: contar historias.
A produción que vos propoño: “Xares, o río que nos leva” é un documental no que os veciños de Alberguería, no Concello da Veiga, recuperan a historia do seu pobo, que fora asolagado no ano 1958 nunha das etapas máis escuras da ditadura franquista en España.
Agradezo que me teñan convidado a participar neste ciclo de cine valdeorrés e aproveito para saudar a todos os meus veciños, e aos moitos amigos, desa fermosa comarca. Nos tempos tan duros desta pandemia sanitaria desde comezo de 2020, o meu documental penso pode servir para aprender dos erros pasados que non se deberan repetir, para valorar o país que hoxe temos, e para sermos tan fortes como outros o foron antes ca nós. Moita forza, ánimo e agarimo para todos e todas.