Podes alugar este documental neste ENLACE
Disponible tamén en Amazon Prime
Margo e Martin Verfordern deixaron Ámsterdam para buscar un paraíso onde vivir na natureza e construir o seu futuro. Tras viaxar durante anos por Europa, chegan a Santoalla, unha aldea aillada de Valdeorras onde vive soa a familia dos Rodríguez. A parella decide que alí estaría o seu fogar.
A convivencia cos veciños comezou ben pero logo tornouse conflitiva co monte comunal no epicentro das súas diferenzas. En febreiro de 2010 Martin desaparece e durante anos, Margo mantén viva a busca, convencida de que seu home non marchara por vontade propia, e que os seus veciños tiveran algo que ver na desaparición. Un achádego casual traeralle as respostas que percuraba.
FICHA TÉCNICA
- Título: Santoalla
- Ano: 2016
- Duración: 82 minutos
- Idioma: Inglés, Galego. Subtítulos en castelán
- Dirección e guión: Andrew Becker e Daniel Mehrer
- Xefa de produción: Cristina de la Torre
- Montaxe: Andrew Becker e Daniel Mehrer
- Música: Andrew Becker
- Produción:
- Interveñen: Juan García Benítez, Francisco Bñanco, Susana Chávarri, Rogelio Díaz, Francisco Delgado, Abilio Mojón, Xoán carlos Nóvoa, Diotino Pombar, Ricardo Yagüe
TRÁILER
NOTA DOS DIRECTORES
Este documental comezou a rodarse en maio do 2012, cando Martin Verfordern levaba tres anos desaparecido. A rodaxe estivo marcada polo devir dos acontecementos recollendo as testemuñas das dúas familias protagonistas e como testemuña directa do avance do caso. Estreouse en España no 2016 como película de apertura do OUFF, o Festival Internacional de Cine de Ourense.
Este documental pon o foco na soño truncado de Martin e Margo que quixeron comezar unha nova vida nun lugar afastado do rural galego. A súa é tamén unha historia universal, a da dificultade na convivencia entre veciños e a hostilidade cara o que ven de fóra, plantexando unha pregunta: cando podemos chamar casa ó lugar que habitamos?