Lobos Sucios é a historia dunha época na que nazis e aliados libraban unha singular batalla no interior de Galicia durante a II Guerra Mundial. Trátase da revolución mineira do volframio ([wolf=lobo], [ram=sucio]) que neste documental descúbrese a partires do desenterramento dun corpo, o desenterramento da memoria e o desenterramento dunha lenda.
FICHA TÉCNICA
- Título: Lobos sucios
- Ano: 2006
- Duración: 30 minutos
- Idioma: Galego, castelán
- Dirección, guión e produción: Felipe Rodríguez
- Axudante de dirección: Belén González
- Imaxe: Vitorino Lourido, Sergi Moreno
- Montaxe: Felipe Rodríguez
- Son: Joaquín García
- Directora de produción: Silvia Balanza
- Axudantes de produción: Cristina de la Torre, Marco Fernández
- Colaboración produción executiva: Domingo D. Docampo
- Produtora: Long Island
- Interveñen: Miguel Ángel Cardeñas, Eva Abal, Isidro García Tato, Santiago Macías, Pascual Bayo, Manuela Valle, Andrés Vázquez, Moisés Maestre, Daniel Maestre, Miguel Vega, Jose Elio Maestre, Miguel Vega e Manuel Rivas.
TRÁILER
NOTAS DO DIRECTOR
«O levantamento do cadáver de Miguel Cardeñas en Valdeorras no ano 2003 foi o primeiro realizado pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica en Galicia. A partires deses restos reconstruiuse a historia deste maquis andaluz, preso na mina de Casaio onde os alemáns extraían volframio durante o franquismo.
Coñecida como “a cidade dos alemáns”, esta mina sitúase en pena Trevinca, unha das montañas máis altas de Galicia e foi construida e dirixida por nazis durante a II Guerra Mundial. Lobos Sucios recolle as testemuñas das persoas que traballaron nesas minas e das familias que saían ós montes a roubar o cotizado mineral, mentras axentes secretos británicos e americanos intentaban frear a exportación de volframio a Alemaña.
O escritor galego Manuel Rivas aporta o seu peculiar estilo e punto de vista sobre esta historia. Unha terceira liña narrativa que pretende recoller a atmósfera de misterio e fábula que envolve a figura do lobo, a traveso de imaxes do animal gravadas nas outras liñas narrativas (montes, aldeas, minas…). Ó fin e ó cabo, pode ser un dos contos tradicionais propios de Galicia.»